Tradicionalmente, sinálase como data de creación oficial do Tribunal o 3 de agosto de 1480, pero, en realidade, o que podemos fixar entonces é o inicio dun proceso gradual que, en palabras do profesor Eiras Roel, "se formaliza en 1494 con la regulación del tribunal según los procedimientos ordinarios del Derecho de la ép oca y se reconoce oficialmente como Audiencia real hacia 1514". Conformada como tal a principios do século XVI, a Real Audiencia irá perfilando a súa estru ctura orgánica e competencias como tribunal de xustiza e órgano de goberno do Reino p or sucesivas ordenanzas (impresas por primeira vez en 1679, na Coruña, na impren ta de Antonio Frayz). Nesta época, está presidida por un Gobernador-Capitán Xe neral e se organiza en dúas Salas, con competencia en asuntos civís e crimininais. Cada unh a delas conta con 4 alcades maiores e ten asignadas dúas escribanías de asento ( a Sala Primeira, Gómez e Pillado, a Segunda, Fariña e Figueroa). En outubro de 1 760 créase a Sala do Criminal e dótase de 3 alcaldes maiores e dúas escribanías (Taboada e Va lado) Entre 1566 e 1587 o Gobernador é substituído por un Rexente. Suprimida esta figura na última data indicada, restitúese no ano 1726, pero esta vez para coexistir coa de Gobernador. Gobernador/Rexente e Alcaldes Maiores conformaban o Real Acor do, o órgano de Goberno da Audiencia. Como noutros tribunais do Antigo Réxim e, funcionaban anexos á Real Audiencia pequenos xulgados. Entre eles, coñecemos hoxe, pola documentación conservada, o Xulgado de Provincia e o Xulgado da Protectoría do V oto do Apóstolo Santiago. Como tribunal real con xurisdicción en todo o terr itorio de Galicia, as competencias da Real Audiencia incluían o coñecemento en 1 ª instancia no termo da súa residencia e en cinco legoas á redonda (que serán 8 a partir da creación do Xulgado de Provincia en 1760) así coma nos casos de Corte. En apelac ión, a Audiencia coñecía das de tódolos procesos civís, criminais e de goberno d as xustizas do reino e das sentencias dictadas polos seus xuíces no espacio das cinco legoas . As sentencias da Real Audiencia eran apelables diante da Chancelería de Va lladolid. Nos preitos civís, o límite, fixado inicialmente en 10.000 maravedís, elévase progresivamente, ata acadar 1.000 ducados de ouro en 1580. No criminal, aínda q ue nun principio podía apelarse das sentencias de mutilación de membros ou deste rro de dez anos en adiante, finalmente se restrinxíu a apelación ós casos de pen a de morte. Contaba ademais a Audiencia de Galicia, a traveso do Real Acordo, con amplas facultades en materia gubernativa en todo o Reino. O Decreto de 26 d e xaneiro de 1834, que crea novas audiencias, establece o territorio de cada unh a e sinala a igualdade en autoridade e facultades de todas elas, inaugura un proceso de cambi o radical do réxime xurídico destes tribunais en consonancia co resto das normas que por estes anos contribuiron a liquida-lo Antigo Réxime. En consecuencia, té ndese a fixar tradicionalmente nesta data o fin da existencia da antiga Real Audiencia de Gali cia.
Historia archivística
Ata o momento da creación do Arquivo do Reino de Galicia, no ano 1775, do q ue constitíu o núcleo fundador, o fondo documental da Real Audiencia se custodio u en diferentes lugares. Así, sobre cada escribanía de asento recaía a responsab ilidade inicial da custodia das series documentais producto das súas actividades, mentre s que por diversos testemuños coñecemos que xa en datas temperás existía un loca l, que funcionaría como arquivo central do organismo, no convento de Santo Domin go da Coruña, onde sufriría os efectos da ocupación e queima do convento por parte do exército inglés durante o sitio de 1589. Noutros momentos, o fondo documental ou fra ccións do mesmo gardáronse en diferentes institucións coruñesas, como o Convento de San Francisco, o Hospital do Bon Suceso ou, tamén, nas propias casas dos escribáns. Nuns e noutros locais, as condicións de conservación non eran sempre as máis axe itadas, tal e como poñen de manifesto algúns testemuños que se refiren a algún d estes como"bódega húmeda y mal acondiconada".
Alcance e conteúdo
En relación co desenvolvemento da función xudicial da Audiencia, atopamos no fondo dúas grandes series documentais, a de preitos civís e a de causas criminais. Outras series identificadas son as de expedientes de apeos, expedientes de visitas de escribáns, executorias, pedimentos, protocolos notariais e sentencias. Outras series, características tamén da súa función xudicial, ou a cabalo entre esta e a de goberno, resultado en moitos casos da execución de procedementos concretos propios deste tribunal, están a ser identificadas como tales. Así: autos ordinarios, expedientes de provisións ordinarias, expedientes de vía de forza, simples querelas, demandas de graciosa ou preitos de misión en posesión de bens de vínculo e morgado.
Forman seccións aparte os documentos procedentes do Xulgado de Provincia e do Xulgado da Protectoría do Voto do Apóstolo Santiago. Dado o carácter e as competencias da institución que o xerou, o fondo reúne información sobre un amplísimo abano de aspectos da vida dos homes de Galicia durante o Antigo Réxime.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre. Consulta limitada para aqueles documentos que se achen en mal estado de conservación
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Por estar transferida a xestión á Comunidade Autónoma de Galicia, a reprodu cción da documentación deste fondo áchase suxeita á Lei 13/1991, de 9 de decembro , de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 12, desenvolvido polo Decreto 320/1992 de 12 de novembro, polo que se fixan os p rezos públicos percibidos pola Xunta de Galicia nos arquivos e museos xestionado s pola Comunidade Autónoma de Galicia e nos de titularidade autonómica, no seu T ítulo III, artigo 9º.